PALABRAS PRELIMINARES DE ALICIA LÓPEZ:
Este
sábado recibimos no Sombreiro a Lucía de Fraga, quen ven presentar
o seu poemario "Las esferas celestes" selección poética
2007-2013, en editorial Polibea, na Colección "El Levitador"
e con prólogo de Miguel Losada. Lucía de Fraga é licenciada en
Filoloxía, ten o diploma de estudios avanzados na especialidade de
Teoría literaria e unha amplísima traxectoria porfesional que a
avalan como unha das credoras máis interesantes do momento;
falaremos de "Las esferas celestes", seus temas,
influencias, proceso creativo, repercusións...a través do diálogo
coa autora e a letura de viva voz dalgún dos poemas; a nosa
compañeira do Sombreiro, a poeta Bea Guerra, dará letura asimesmo a
poemas selecionados da devandita obra; vaian os nosos parabéns para
Lucía de Fraga á que esperamos nun vindeiro programa para seguir a
falar da súa ampla obra. Recomendamos visitar o seu blog, "Nostalgia
del acero", onde coñeceredes máis amplamente a obra e
traxectoria da autora.
Música
para acompañarnos de Misia, "Liberdades poéticas"
dedicada á autencidade, valentía e verdade do verso de Lucía de
Fraga, e para despedir, "As time goes by".
Nós
tamén rematamos por hoxe, pero voltamos o vindeiro sábado, xa
sabedes, de 12.00 a 13.00 en Radio Obradoiro!
AHORA A DISFRUTAR DE UNA DIVERTIDA E INTERESANTE ENTREVISTA:
http://www.ivoox.com/lucia-fraga-no-sombreiro-merlin-audios-mp3_rf_3037667_1.html